
O Concello do Pereiro de Aguiar, no seu afán pola consecución dunha sociedade igualitaria e libre de todo tipo de violencias, ven a organizar unha serie de actividades para conmemorar o 25N Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
O obxectivo é sensibilizar a poboación fronte a violencia de xénero que afecta a todas e todos por igual, e facela partícipe dun xeito activo, co obxectivo de visibilizar esta lacra social, e facerse coas ferramentas axeitadas para poder previla, atallala e combatila, todo iso partindo dende a formación nas etapas máis temperás para sentar as bases que afianzarán á mocidade en valores de igualdade, respecto, resolución pacífica de conflictos e solidaridade.
PROGRAMACIÓN PARA O 25N:
CONCURSO DE DEBUXOS 25N
Do 25 de outubro ao 12 de novembro
- Participación: os/as partícipes deberán identificar mediante un debuxo un dos tipos de violencia contra a muller que identifiquen/coñezan, visibilizando ou amosando unha forma de atallado, podendo escribir un lema sobre cómo abordar/previr unha situación de violencia, facer unha viñeta representativa ou debuxar unha escea
- Prazo participación: do 25 de outubro ao 12 de novembro, os debuxos/cómics enviaranse ao correo-e do CIM: [email protected]
- Obxectivo: coñecer as principais violencias machistas que afectan á xuventude do Pereiro segundo a sua visión, qué identifican como violencia?, cómo previr a violencia?
- Partícipes: dúas categorías:
- Nenos/as de 6 a 11 anos (ambos incluídos)
- Mocidade de 12 a 17 anos (ambos incluídos)
- E. Selección das/dos gañadoras/es: as/os gañadoras/es serán elixidos polo tribunal composto por persoal do concello
- O debuxo gañador de cada categoría (un debuxo gañador por categoría) servirá para facer os carteis da conmemoración do 25N día internacional da violencia de xénero no Pereiro
- F. Premios: 100€ a cada debuxo gañador (un gañador por categoría)
- G. Cerimonia de entrega de premios: as/os gañadoras/es serán recibidos nun acto polo Alcalde e concelleiras de Igualdade
MARCHA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Sábado 20 noviembre ás 11:30 horas
Co obxectivo de INVOLUCRAR A SOCIEDADE NA SENSIBILIZACIÓN CONTRA ESTA LACRA SOCIAL E FACELA PARTÍCIPE NA SÚA VISIBILIZACIÓN
- A marcha discurrirá polo encoro de Cachumuíña ao longo de 4 km, facendo unha parada no Parque da Igualdade, onde terá lugar a lectura dun manifesto en contra da violencia de xénero e en pro da igualdade real.
- Entregárase unha en conmemoración del 25N a los participantes
PROGRAMA DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL “COÑÉCETE”
Do 29 novembro ao 21 decembro
Programa impartido por Raquel Graña, psicóloga-sexóloga e coach educativa, terá lugar nos centros escolares CEIP Ben-Cho-Shey, CPI José García García, e Colexio Plurilingüe Guillelme Brown, ao longo de tres semanas consecutivas no que se abordará a educación sexual dende o punto de vista teórico e con dinámicas grupais.