O Concello do Pereiro de Aguiar ten previsto seguir co Programa de Conciliación (Aula Concilia) para os días: 23, 26, 27, 30 de decembro e 2, 3, e 7 de xaneiro. Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as cursando actualmente 4º de Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria (nados entre o 2012 e 2020).
Prazo de inscrición: do 5 de decembro ata o día 17 de decembro, poderase realizar presencialmente ou a través da sede electrónica. Deberán presentar a solicitude e a documentación aquelas familias que non fixeran uso do servizo durante este curso escolar no CEIP Ben Cho Shey. O resto das familias só deberán presentar a folla de inscrición cuberta.
Publicación das listas de admitidos: o 17 de decembro, no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com) e na páxina do Concello.