Skip to main content

A música será a gran protagonista o vindeiro sábado 22 de xuño ás 19:00 h coa celebración do Festival de Fin de Curso de Ourquesta. O evento terá lugar no emblemático Auditorio dos Gozos, onde o talento e a paixón das nosas mozas e mozos músicos brillarán enriba do escenario.

Será unha tarde chea de emocións, cun repertorio que amosa todo o traballo e aprendizaxe realizado ao longo do curso. Unha ocasión perfecta para gozar en familia e apoiar ás novas promesas da música.

📍 Lugar: Auditorio dos Gozos
🗓 Data: Sábado, 22 de xuño
🕖 Hora: 19:00 h

🎻🎶 Agardámoste para celebrar xuntas e xuntos o peche dun curso cheo de música e ilusión!

Ver Noticia original

Leave a Reply

Close Menu