📣 Leti da Taberna leva o seu espectáculo “Enredada” co programa FalaRedes a VI Festa Etnográfica.
🎤🎭 “Enredada” é unha proposta teatral en formato de monólogo, cun ton atrevido e actual. A artista mergúllase nas vivencias do día a día cunha perspectiva crítica, feminista e moi enraizada na identidade galega. Sobre o escenario mestúrase o humor coa denuncia social e a reflexión sobre o impacto das redes sociais, canle na que comezou a facerse coñecida no ano 2020 e onde hoxe conta cunha ampla comunidade de seguidores.
📅 O próximo 13 de xullo as 16.30 h.
📍Loñoá, Pereiro de Aguiar.