Pazolandia o sábado 28 de decembro en horario de mañá. 🎉
Entregarase unha entrada por neno/a empadroado/a no Concello o mesmo día da sesión. 🧒👧 Aconséllase que o adulto responsable compre antes a súa entrada para evitar agardar, xa que os nenos e nenas entrarán en grupo co persoal do concello. 🕒
As entradas distribuiranse por estrita orde de solicitude e UNICAMENTE POR WHATSAPP📱 para garantir a hora da mesma; non se admitirán reservas por chamada telefónica. 📞 Na solicitude deberá figurar o nome e apelido do menor e un teléfono de contacto. 📅
O prazo abrirase o luns 23 de decembro a partir das 9:00 h. ⏰
☎️ 685528538