Competencias clave 2025
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convocou as probas libres de competencias clave, nivel 2 e nivel 3 para o ano 2025, o prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro 14 de febreiro.
O noso concello ofrece clases gratuítas para as persoas empadroadas que desexen preparar as mesmas.
Para máis información poden chamar a:
- Departamento de Educación: 622 202 697
- Oficinas municipais: 988 25 93 85