AVISO
O Concello do Pereiro de Aguiar comunica que a Deputación Provincial de Ourense, como prestadora do servizo, informa sobre o funcionamento do:
Servizo de Recollida de Enseres a Domicilio.
Todas as persoas interesadas deberanse poñer en contacto co Concello:
- Teléfonos 988 25 93 85 extensión 5
- Mail: info@pereiro.gal
- Mensaxe por Whatsapp ao 685 089 886
- Deben indicar:
- Nome e Apelidos
- Dni
- Enderezo da recollida
- Telefono de contacto
- Deben indicar:
- Lista detallada dos enseres que precisan que lles recollan, máximo ata 6 enseres en cada recollida:
- ₋Os enseres que non aparezan no listado do aviso non serán recollidos.
- En ningún caso se recollerán escombros, restos de obra, palets, lixo, enseres de pequeno tamaño, pneumáticos ou cristais entre outros.
Tras recibir o seu aviso, o Concello trasladarao á Deputación. O operario encargado de realizar o traballo porase en contacto no telefono de contacto facilitado por vostedes co suficiente tempo de antelación para concretar o día da recollida.
PÍDESE AOS VECIÑOS E VECIÑAS non depositar os trastos ao lado dos contedores ata que os encargados do servizo concerten unha cita para a recollida. Non se recollerán enseres dentro de domicilios nin parcelas privadas.
LEMBRÁMOSLLE QUE ESTÁ PROHIBIDO, SEN NINGÚN TIPO DE EXCEPCIÓN, DEPOSITAR CALQUERA TIPO DE ENSER DENTRO DOS CONTEDORES OU AO SEU CARÓN SE NON É POR INDICACIÓN DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE ENSERES.
Agradecemos de antemán a colaboración de todos os veciños e veciñas para tomar as precaucións precisas para preservar a saúde pública.