V CONCURSO DE MARCAPÁXINAS
O Concello do Pereiro de Aguiar, a través da Área de Cultura e da Biblioteca Municipal convoca o “V CONCURSO DE MARCAPÁXINAS”, para conmemorar o Día do Libro o próximo 23 de abril.
1.Participantes: Nenos e nenas de entre 3 e 15 anos.
Estableceranse tres categorías:
•De 3 a 6 anos.
•De 7 a 10 anos.
•De 11 a 15 anos.
A participación no concurso implica a aceptación das bases.
2.Formato:
O marcapáxinas a presentar deberá ter unhas medidas de 5x20cm e o deseño realizarase por unha das caras. Pola parte traseira, levará o pseudónimo que identifique o traballo e a idade.
3.Presentación:
Os traballos presentaranse de xeito presencial na Biblioteca, de luns a venres de 9.45h. a 13.30 h. ou de 16.00 a 19.45 h.
Xunto co marcapáxinas, entregaranse nun sobre pechado os datos identificativos, nome e apelidos, idade e número de teléfono. Por fora levará o pseudónimo que se corresponderá co que aparece no marcapáxinas.
Poderanse presentar un máximo de 2 por participante.
4.Prazo de presentación:
O prazo comeza no momento de publicación das bases, e remata o 16 de abril.