Skip to main content

A prevención e promoción da saúde no traballo deben ir da man, compartindo principios e obxectivos comúns. Con este enfoque, o ISSGA, en colaboración con FREMAP, organiza esta xornada técnica en formato webinar centrada en motivar ás persoas traballadoras para que realicen exercicio físico de maneira regular, contribuíndo a evitar ou minimizar as consecuencias negativas derivadas da inactividade e do envellecemento.

Dende O ISSGA enviámoslle esta invitación para contar coa súa asistencia e pedirlle que a difunda a outras outras persoas interesadas, ao tempo que agradecemos a súa implicación nas nosas actividades formativas.

Día 7 de maio

  • de 10:30 a 11:30h
  • online

PROGRAMA

  • 10.30 PRESENTACIÓN E APERTURA
    • Adela Quinzá-Torroja García, xerente do ISSGA
    • Carlos Llanos Santos. Director Rexional Galicia. Fremap
  • 10.35 INTRODUCIÓN E CONTEXTO ACTUAL EFECTOS DO SEDENTARISMO A LONGO PRAZO BENEFICIOS DO EXERCICIO
    • Rosario Colorado Heras. Técnica superior de PRL en FREMAP, educadora social, doutora en Ciencias Químicas e experta universitaria en nutrición (alimentación e exercicio físico)
  • 11.30 COLOQUIO
    • Marta Aneiros Vieites. Xefa da Sección de Formación, Divulgación e
    • Documentación do Centro Issga_Ourense

Ver Noticia original

Leave a Reply

Close Menu